NORMATIVA GALLEGA PARA LA PESCA DEPORTIVA Y EL BUC

NORMATIVA GALLEGA PARA LA PESCA DEPORTIVA Y EL BUC

ANULADO EN CUMPLIMIENTO DE SENTENCIA JUDICIAL DEL TRIBUNAL SUPREMO Y DECRETO DEROGATORIO DE LA CONSELLERIA DE PESCA.

DECRETO 221/1999, DO 17 DE XUÑO, POLO QUE SE REGULA A PESCA MARÍTIMA DE RECREO. DOG. 139 DE 21 DE XULLO DE 1999.-

CAPÍTULO 1

Disposicións xerais:

Artigo 1º.- Obxecto

Este decreto ten por obxecto establecer determinados limites ao exercicio da pesca marítima de recreo en augas interiores da Comunidade Autónoma galega, co fin de protexe-los recursos pesqueiros.

Artigo 2º.-Definición

Para os efectos deste decreto, enténdese por pesca marítima de recreo aquela que se practica por esparexemento ou deporte e sen animo de lucro, non podendo ser obxecto de venda nin transacción as capturas obtidas, que terán que ser destinadas ao consumo propio ou entregadas para fins benéficos.

Artigo 3º.- Modalidades.

A pesca marítima de recreo poderá ser en superficie, desde terra ou desde unha embarcación deportiva ou de lecer, e submarina, nadando ou mergullando en apnea.

Artigo 4º.-Ámbito de aplicación.

Este decreto é de aplicación á pesca marítima de recreo que se practique en augas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5º.-Licencias.

1.A práctica da pesca marítima de recreo, en calquera das súas modalidades, require a previa obtención de licencia, que será expedida pola Consellería de pesca e Asuntos Marítimos despois da presentación da documentación que regulamentariamente se estableza e o pagamento das taxas que legalmente correspondan.

2. A licencia ten carácter persoal e intransferible e para a súa eficacia deberáselle xuntar calquera documento que acredite a identidade do seu posuidor.

3.A licencia terá un período de vixencia dun ano, contado desde a súa data de expedición, e poderá renovarse antes do termo da súa vixencia.

4.Non obstante o disposto no punto anterior, e co obxecto de fomenta-lo turismo relacionado coas actividades da pesca recreativa, poderanse outorgar licencias temporais para o exercicio da pesca marítima de recreo, en calquera das súas modalidades, por un período dun mes, revalidables por un mes máis dentro do mesmo ano natural.

Artigo 6º.- Clases de licencias.

1.As licencias que habilitan para a práctica da pesca marítima de recreo serán de dúas clases:

a) Licencia de pesca marítima de recreo en superficie, que faculta para exerce-la pesca recreativa desde terra ou desde unha embarcación da lista sétima do rexistro de matrícula.

b) Licencia de pesca de recreo submarina, que faculta para exerce-la pesca recreativa nadando ou mergullando en apnea.

2.Non obstante o sinalado no punto 2º do artigo 5 e 1 a) deste, a Consellería se Pesca, e Asuntos Marítimos poderá outorgar autorizacións temporais ao titular dunha embarcación da lista sexta do rexistro de matrícula cando esta se empregue en actividades recreativas ou deportivas con interese lucrativo.

3.Terán validez para o exercicio da pesca de recreo en augas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia os permisos de pesca marítima de recreativa outorgados pola Administración Xeral do Estado e polas administracións doutras comunidades autónomas, así como as expedidas por outros estados membros da Unión Europea, os cales recoñecerá a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Os seus titulares deberán cumprir, en todo caso, as normas contidas neste decreto.

4. Non obstante o disposto no parágrafo anterior, as licencias de pesca submarina deberán ser validadas polo órgano competente en materia de pesca para que o seu titular poida exercer esa modalidade en augas interiores de Galicia.

Artigo 7º.-Requisitos dos titulares.

1.Para ser titular dunha licencia de pesca marítima de recreo en superficie é preciso ter unha idade mínima de 16 anos. Os menores desta idade quedan exentos, debendo acreditar tal circunstancia documentalmente no momento que así llelo requiran os membros do Servicio de Protección de Recursos.

2. Para ser titular dunha licencia de pesca marítima de recreo submarina requírese ter cumpridos os 16 anos, dispoñer dun certificado médico oficial que acredite a aptitude física necesaria para a práctica normal desta actividade, ser titular dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil que cubran os incidentes en que puidese incorre-lo titular da licencia durante o seu período de validez e estar en posesión da licencia de armas ou tarxeta federativa que a substitúa, todo iso sen prexuízo de cumpri-lo disposto no artigo 54.4º do Real Decreto137/1993, do 29 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de armas, ou o que no futuro puido modificalo ou substituílo.

Esta modalidade estará suxeita ao cumprimento das normas de seguridade para o exercicio das actividades subacuáticas establecidas por Orde do Ministerio de Fomento do 14 de outubro de 1997 (BOE nº 280, do 22 de novembro), ou a que no futuro poida modificala ou substituíla.

Artigo 8º,-Concursos de pesca recreativa.

1.Os concursos, campionatos e competicións deportivas de pesca recreativa necesitarán a previa autorización da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, que regulará en cada caso as súas condicións. De tal autorización, de ser positiva, darase comunicación ás confrarías do ámbito territorial onde se pretenda realiza-lo concurso, campionato ou competición.

2. Os concursos , campionatos e competicións deportivas de pesca recreativa estarán suxeitos ao cumprimento das disposicións xerais contidas neste decreto. Non obstante, non estarán sometidos ao tope máximo de capturas que nel se establecen, salvo que se considere conveniente fixar un límite para preserva-los recursos pesqueiros afectados.

Artigo 9º.- Especies.

A práctica da pesca marítima de recreo só habilita para a captura de peixes e cefalópodos, excepto o polbo, debendo en todo caso respecta-las épocas de extracción e tamaños regulamentariamente establecidos.

Artigo10º.-Topes de capturas.

1.En calquera modalidade de pesca marítima de recreo poderase capturar un máximo de cinco quilogramos por licencia e día, podendo non computarse o peso de unha peza. Só se permitirá a tenza dunha peza que exceda o peso do tope establecido.

2. Se a pesca recreativa se realiza desde unha embarcación, o máximo de capturas por licencia e día é de cinco quilogramos, cun tope máximo de dezaseis quilogramos por embarcación e día se son máis de tres as persoas embarcadas titulares de licencia.

3. Na pesca de grandes peláxicos-túnidos e peixes espada ou especies afíns o tope máximo de capturas establécese en vintecinco quilogramos por licencia e día, cun tope máximo de cincuenta quilogramos por embarcación e día se son dúas ou máis as persoas embarcadas titulares da licencia.

4.As embarcacións non poderán pescar, transportar nin efectuar descargas superiores aos topes máximos de capturas sinalados nos puntos anteriores, aínda que se empregasen varios días continuos de navegación.

Artigo 11º.-Útiles prohibidos.

Queda expresamente prohibido na práctica da pesca marítima de recreo :

a)O emprego de luces artificiais de superficie ou somerxidas ou calquera outro medio que sirva de atrición ou concentración artificial das especies que se vaian capturar.

b)O uso de calquera clase de substancia velenosa, narcótica, explosiva ou contaminante.

c)A utilización fondeo ou calado de calquer tipo de artes ou aparellos profesionais da pesca, así como a súa tenza a bordo das embarcacións de lecer ou deportivas.

Artigo 12º.-Horario

A práctica da pesca marítima de recreo realizarase dentro do horario e nos días que regulamentariamente se determine.

Artigo 13º.-Infracións e sancións.

As infracións contidas nesta disposición sancionaranse conforme a lei 8/2004 de 30 de xullo, de infracións en materia de protección marítimo pesqueiros.

CAPÍTULO II

A práctica da pesca marítima de recreo en superficie.

Artigo 14º.-Útiles de pesca.

A pesca marítima de recreo en superficie, tanto desde terra como desde embarcación, poderase practicar mediante o emprego de sedela ou aparellos de anzois, excluído o raño ou rastro, sostidos pola man ou a cana; o seu número determinarase regulamentariamente.

Artigo 15º.-Distancias.

1.A pesca marítima de recreo en superficie non se poderá practicar a menos de cen metros das praias cando estean frecuentadas por bañistas.

2.As embarcacións desde as que se practique a pesca marítima de recreo manterán unha distancia mínima de cen metros dos barcos pesqueiros que estivesen a faenar, así como das artes e aparellos profesionais debidamente balizados.

3.En ningún caso se poderá impedir ou dificulta-las de pesca profesional.

CAPÍTULO III

A práctica da pesca marítima de recreo submarina.

Artigo 16º.- Útiles de pesca.

1.Na práctica da pesca submarina de recreo unicamente se empregarán arpóns, frechas ou fisgas impulsadas pola man ou por medios mecánicos.

2.Queda expresamente prohibido na práctica da pesca submarina o emprego de equipos autónomos ou semiautónomos ou calquera outro sistema que permita a respiración en inmersión, así como a utilización de artefactos hidrodeslizadores ou vehículos similares.

Artigo 17º.-Balizamento.

Durante a práctica da pesca submarina, o mergullador deberá sinalizar en todo momento a súa posición mediante unha boia de cor vermella, amarela ou laranxa, cunha bandeira da letra A do Código Internacional de Sinais.

Artigo 18º.-Limitacións e distancias.

Prohíbese a práctica da pesca submarina de recreo nos lugares seguintes:

a)A menos de douscentos cincuenta metros das artes de pesca, fixas ou de deriva, e das embarcacións dedicadas a calquera clase de pesca profesional.

b)A menos de douscentos cincuenta metros das praias cando estean frecuentadas por bañistas.

c)Nas zonas portuarias así como nas canles de navegación.

d)Nas zonas do litoral prohibidas mediante orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Disposicións adicionais

Primeira.-A inmersión tanto a pulmón libre coma con equipos de respiración autónom,a, poderase realizar libremente sen máis limitacións que estar en posesión das titulacións correspondentes e das autorizacións que, se é o caso, se esixan.

A súa práctica estará suxeita ó cumprimento das normas de seguridade para o exercicio de actividades subacuáticas establecidas por orde do Ministerio de Fomento do 14 de outubro de 1997 (BOE nº280, do 22 de novembro), ou a que no futuro poida modificala ou subtituíla.

Segunda,-A inmersión nas zonas a que se refire o artigo 18 d) deste decreto estará suxeita á previa autorización da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos na forma que regulamentariamente se determine.

Terceira.-Durante a práctica da inmersión queda prohibida a captura de calquer ser vivo do mar

Disposición transitoria

As licencias expedidas con anterioridade á entrada en vigor deste decreto manterán a súa validez ata o final do seu período de renovación.

Disposición derrogativa

1.Quedan derrogadas expresamente as seguintes disposicións:

a) O Decreto 429/1993, dp. 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de actividades pesqueiras de carácter recreativo.

b) A Orde de 29 de marzo de 1996 pola que se regula a expedición de licencias para practica-la pesca marítima de lecer dentro das augas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia e se fixan as zonas do litoral onde se poderá practica-la pesca submarina.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos para que,no ámbito da súa competencia, dicte as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor un mes despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ORDE DO 13 AGOSTO DE 1999, POLA QUE SE DESNVOLVE O DECRETO 211/1999, DO 17 DE XUÑO, POLO QUE SE REGULA A PESCA MARÍTIMA DE RECREO. DOGA Nº 161, 20 de agosto de 1999.

Artigo 1º

A licencia necesaria para realiza-la practica da pesca marítima de recreo axustarase ao modelo que figura no anexo I da presente orde.

Artigo 2º

1.Os delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos serán os encargados da expedición das licencias, sen prexuízo dos sistemas que poidan arbitrarse para a súa recepción polos interesados.

2.Os interesados en obter unha licencia por primeira vez deberán presentar solicitude de conformidade co modelo que figura no anexo II da presente orde.

3.As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Pesca e asuntos Marítimos, nos das súas delegacións territoriais e comarcais, ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 3º

Para a obtención da licencia será necesario presenta-la seguinte documentación, de acordo coas clases que se definen a continuación.

1.Para a práctica da pesca marítima de recreo en superficie:

1.Clase A, válida para persoas físicas maiores de 16 anos..

a) DNI ou pasaporte do solicitante.

B) Xustificante do aboamento da correspondente taxa, excepto perceptores de pensións públicas que acrediten documentalmente tal circunstancia.

2.Clase B. Para titulares de embarcacións da 6ª lista do rexistro de buques, dedicadas a actividades recreativas ou deportivas con interese lucrativo:

a) Rol da embarcación.

b) DNI,CIF ou NIF do titular.

c) Xustificante do pagamento da correspondente taxa.

2. Para práctica da pesca marítima de recreo submarina.

1. Clase C, válida para as persoas físicas maiores de 16 anos:

a) DNI ou pasaporte do solicitante.

b) Certificado médico oficial ao que se refire o Decreto 211/1999, polo que se regula a pesca marítima de recreo.

c) Póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil

d) Licencia de armas ou tarxeta federativa.

e) Xustificante de aboamento das correspondente taxa.

f) Documentación que acredite o consentimento paterno, materno ou do titor, cando o solicitante sexa menor de idade non emancipado.

g) Validación: cando se presente unha licencia de pesca de recreo submarina, vixente, outorgada por outra Administración Pública nacional ou dun Estado membro da Unión Europea, non será necesario achega-los documentos a que se refiren as alíneas b),c),d),f), de se-lo caso.

Artigo 4º

1.Conforme o prevido no artigo 5.3º do Decreto 211/1999, de pesca recreativa, as licencias poderán renovarse no prazo de dous meses inmediatos anteriores ao termo da súa vixencia, despois de paga-la taxa correspondente.

2.Non obstante o anterior, a renovación anual da licencia de pesca de recreo submarina precisará, ademais do pagamento da correspondente taxa, a presentación da documentación a que se refire o artigo 3º, número 2, punto 2.1, da presente orde.

Artigo 5º.

Na practica da pesca marítima de recreo en superficie, unicamente se poderán empregar dúas canas ou liñas cun máximo de sis anzois ou dúas poteiras por licencia. Para os efectos desta disposición os engados artificiais consideraranse como anzois.

Artigo 6º

A pesca marítima de recreo en superficie estará permitida tódolos días do ano.

Artigo 7º

A práctica da pesca de recreo submarina estará permitida os sábados, domingos e festivos, tendo que ser estes de carácter estatal ou autonómico, de todo o ano. No período comprendido entre o xoves e o domingo de semana santa e entre o 15 de xuño e o 15 de setembro poderá ser practicada tódolos días.

Artigo 8.

A pesca marítima de recreo en superficie desde embarcación e a pesca de recreo submarina realizaranse dentro do horario comprendido entre a saída e a posta do sol.

Artigo 9.

Para a celebración de concursos, campionatos e competicións deportivas de pesca recreativa, deberase solicitar autorización, empregando o modelo do anexo V, nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, a correspondente autorización cun mes de antelación. Na dita solicitude faranse constar, como mínimo; día, hora, modalidade, duración, plano da situación da zona e normativa específica que rexerá o concurso ou campionato, así como o número previsto de participantes.

En todo caso, os organizadores deberán garanti-lo seu correcto desenvolvemento, facéndose responsables dos danos que se puidesen ocasionar por incumprimento das condicións establecidas na autorización.

Artigo 10º

Para a práctica da pesca de recreo submarina decláranse no anexo III as zonas do litoral prohibidas ou reservadas.

Artigo 11º

A práctica da pesca de recreo submarina e a inmersión nas zonas definidas como reservadas no anexo III deberá notificárselle á delegación territorial correspondente, polo menos con tres días hábiles de anticipación; As delegacións comunicáranllelo ás confrarías do seu ámbito territorial correspondente.

Artigo 12º

1.As notificacións a que se refire o artigo 11 da presente orde, axustaranse ó modelo recollido como anexo IV, e presentaranse no rexistro da delegación territorial correspondente da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Igualmente aceptarase a notificación practicada mediante Fax.

2.A práctica das notificacións realizarase cunha anticipación mínima de 3 días hábiles, e máxima de 15 días hábiles.

3.Con carácter xeral , a validez das notificacións será dunha semana, agás no período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, no que terán validez quincenal.

4.As delegacións deberanlles comunicar ás confrarías das zonas correspondentes as notificacións, e, ademais, á subdirección Xeral de Pesca e Protección de Recursos e ó posto da Garda Civil da zona.

Artigo 13º

1.As persoas que foran realizar inmersións nas zonas definidas como prohibidas no anexo III deberán solicitar autorización, empregando o modelo recollido como anexo V, polo menos, con 15 días hábiles de anticipación, a correspondente delegación territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

2.A resolución de autorización notificarase ao solicitante, así como ás confrarías da zona correspondente, á Subdirección Xeral de Pesca e Protección de Recursos e ao posto da Garda Civil da zona.

Disposición transitoria

As licencias expedidas con anterioridade á entrada en vigor do Decreto 211/1999, do 17 de xuño, manterán a súa validez ata o remate de seu período de renovación. Posteriormente, procederá a súa renovación conforme o prevido no artigo 4º da presente orde. Para tal efecto, a licencia para a práctica da pesca de recreo desde terra ou embarcación renovarase como licencia de pesca marítima de recreo en superficie, e a licencia para a práctica da pesca submarina como licencia de pesca submarina.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Recursos Mariños para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. 13 de agosto de 1999.

ANEXO III


Zonas do litoral nas que está prohibida a práctica da pesca marítima de recreo submarina.
En tódalas rías, por dentro das liñas definidas no anexo II do decreto 369/1994, do 2 de decembro, polo que se modifica o Regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia.
ANEXO II do Decreto 369/1994

LIÑAS DE REFERENCIA

- Ribadeo de punta da Cruz a illa Pancha
- Viveiro de punta de Faro a punta Socastro
- O Barqueiro de punta Almeiro a punta Cova Baixa
- Ortigueira de punta Espasante a punta do Castro
- Cedeira de punta Fulgoso a punta Castrelo
- Ferrol de punta Vispón a punta Redonda
- Ares e Betanzos de punta Tórella a punta Promontorio
- A Coruña de punta Mera a punta Herminia
- Corme e Laxe de punta do Chan a punta Besugueira
- Camariñas de punta Villueira a punta de Chorente
- Seo de Corcubión de punta Cabanas a punta do Pindo
- Muros
de punta Rebordiño a punta Cabeiro
- Vilagarcía de punta Cabío a punta Barbafeita
- Vilagarcía de punta Castelo ( o sur da Illa de Arousa ) a punta Cabeza do Mouro
-Pontevedra de punta de Festiñanzo a punta Loira
- Aldán de punta Corbeiro ou Area Brava a punta Preguntoiro ou do Bon
- Vigo de punta de Balea a cabo do Mar
- Baiona de punta Lameda a punta do Boi

Provincia de Lugo: Illas Coelleiras, Farallóns e Ansarón (a menos de 250 metros destas).

Provincia da Coruña:Illote dos Aguillóns, Illas Sisargas, , Lobeiras, Miñarzos,As Basoñas, Sagres e Illotes, Sálvora e Illotes (a menos de 250 metros destas).

Provincia de Pontevedra: Illas Cíes (incluída Illa Agoeiro), Illa de Óns cara o exterior, desde a punta do Centolo á punta Fedorente, Illa de Onza( a menos de 250 metros destas).
ZONAS RESERVADAS

Zonas de litoral reservadas, nas que é preciso notifica-la práctica da pesca marítima de recreo submarina:

Provincia de Lugo:
-De Illa Pancha a Punta Corbeira.
-De Cabo Morás á Punta Faro.
-Da Praia Teixoso á Punta Chileiteira.

Provincia da Coruña:
-De Cabo Bares á Punta de Estaca de Bares.
-De Punta Ortabade á Punta do Cadro.
-De Cabo S. Adrián á Punta de Roncudo.
-As Cagadas.
-Punta Capelo
-De Punta do Boi á C.Vilán e Illotes.
-Punta Pedras Negras á A Redonda (Illotes).
-De Punta Laxe Brava á Insua Corgo.
-De Portiño á Punta Praseu.
-De Punta Graña (O Testo) á Punta Couso.
-Pedra da Barqueira ás Forcadiñas.
-Vionta, Noro e Illotes que as rodean

Ata nova Orde.



NORMAS DE SEGURIDAD EN EL BUCEO DEPORTIVO-2000
NORMATIVA DE SEGURIDAD - 1997